viernes, 26 de octubre de 2012
A solidariedade paraliza un desafiuzamento en Ferrol
A Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra logrou parar outro desafiuzamento que se ía producir este venres en Ferrol. Esta vez a presión exercida na administración deu os seus froitos e o Concello de Ferrol farase cargo da débeda contraída, e paga tres meses de aluguer, prorrogables por outros tres máis.
A parella que ía ser botada da súa casa ten unha nena de 8 anos que padece unha enfermidade moi grave. Ten problemas nun ril e require dun tratamento médico que os seus pais a duras penas poden custear. " parella na actualidade percibe de servizos sociais a cantidade duns 180 euros, o que lles imposibilita facer fronte o pagamento do alugueiro.
Facilidades
A diferencia doutras ocasións, o propietario da vivenda deu bastantes oportunidades a esta familia. Mesmo chegou a acompañalos a facer xestións administrativas que puidesen dar cunha solución ao problema. "Era unha persoa que tiña tres problemas acumulados, pois ademais de non percibir o diñeiro do alugueiro, está en situación de desemprego, e ademais estaballe a afectar a situación dos seus inquilinos", sinala a plataforma de axuda a esta familia.
Finalmente, o concello de Ferrol decidiu facerse cargo do asunto. Pero, malia estar adoptada esta decisión de colaborar, a decisión non foi notificada aos xulgados, e á hora prevista para o desafiuzamento aparecía un funcionario xudicial acompañado de dúas patrullas da policía nacional.
Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/12001.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario