jueves, 20 de septiembre de 2012
Twitter autoriza o inicio do proceso de tradución ao galego
O Centro de Traducións inclúe a lingua galega na lista de idiomas que contarán cunha versión da rede social nos vindeiros meses. Tamén anima a todas as persoas interesadas en colaborar na tradución a que se inscriban na páxina.
O galego é unha das 16 linguas que se incorporan, xunto co irlandés, tamil, galés, serbio, búlgaro, kurdo, vietnamita, croata, romanés, letón, canarês, bielorruso, bengali, albanés e eslovaco. As traducións apróbanse autmaticamente usando un algoritmo que ten en conta os votos da comunidade. Na actualidade Twitter está dispoñible en 33 linguas, despois de que en xuño se incorporasen seis máis, entre elas o catalán e o euskera.
Noticia completa: http://praza.com/ciencia-e-tecnoloxia/2060/twitter-autoriza-o-inicio-do-proceso-de-traducion-ao-galego/
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario