jueves, 20 de septiembre de 2012

Macrooperación contra o tráfico de influencias en Galicia

A instancias dos xulgados de Lugo está a desenvolverse nestes momentos en Galicia unha macrooperación contra o tráfico de influencias e que se saldou, polo momento, con 12 detidos. Especialmente relevantes son os arrestos do alcalde de Ourense, o socialista Francisco Rodríguez, do de Boqueixón, o popular Adolfo Gacio e do expresidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares.  Ademais, están sendo rexistradas as oficinas da concellería de Economía de Lugo, despacho que ocupou na súa etapa como edil Fernández Liñares.

No hay comentarios:

Publicar un comentario