Ambas as dúas universidades, que participan na rede Meta-Net, formada por centros de 34 países que poñen os alicerces tecnolóxicos dunha sociedade da información multilingüe en Europa, advirten que logo de analizar áreas como a tradución automática, a interacción coa voz, a análise textual e a disponibilidade de recursos lingüísticos, estas tres linguas teñen unicamente un apoio “parcial”. Esta situación colócaos no grupo de alto risco, ao igual que idiomas como o búlgaro, o grego, o húngaro ou o polonés.
A rede de investigación Meta-Net destaca o apoio "parcial" do galego e pon en dúbida a súa supervivencia na era dixital
O traballo de investigación, elaborado por máis de 200 expertos e publicado na serie Libros Brancos Meta-Net,pon en dúbida a supervivencia do galego, o catalán e o éuscaro na era dixital e compara o seu apoio “parcial” co “excelente” do inglés e o “bo” do castelán, o francés, o alemán, o neerlandés ou o italiano.
En canto ao galego -ao igual que o basco-, o estudo destaca que o apoio tecnolóxico que recibe “é feble ou inexistente” nunha área, a da tradución automática. Así, indica que 21 das 30 linguas analizadas teñen cando menos unha área con esta mesma cualificación, o que as sitúan en perigo de extinción dixital. O catalán, aínda que tamén en alto risco, recibe unha nota un pouco maior e os resultados son “moderadamente optimistas”, segundo os investigadores, logo de que nos últimos anos se distribuísen un gran número de recursos lingüísticos nesta lingua e despois do apoio recibido pola Generalitat de Catalunya ou da Generalitat Valenciana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario