miércoles, 19 de septiembre de 2012

As pezas do taboleiro electoral do 21-O

O vindeiro 21 de outubro vinte e seis formacións políticas concorren ás eleccións ao Parlamento de Galicia. Trece delas presentan candidaturas nas catro circunscricións e optan, polo tanto, a entrar no Cámara nun dos panoramas electorais máis abertos dos últimos tempos. O Diario Oficial de Galicia deste mércores publica todas as candidaturas, que serán proclamadas o vindeiro día 25, momento no cal as diversas listas poderán recibir alegacións. Velaquí algunhas das principais, que non as únicas, pezas do taboleiro electoral galego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario