Segundo os informes da operación levada a cabo pola Garda Civil e a Policía Nacional de xeito conxunto, os catro detidos planeaban presuntamente un atentado "inminente" en nome da organización independentista Resistencia Galega e portarían, supostamente, material explosivo no momento da súa detención.
Ademais, o xuíz atribúe a un dos detidos a colocación de artefactos explosivos nun repetidor no monte Sampaio de Vigo, desactivados pola Policía o pasado 7 de agosto, caso que investiga o Xulgado Central de Instrución número 6 da Audiencia Nacional.
Como xa informou GC, Novas da Galiza vén de denunciar "o aberrante dumha legislaçom que permite anos de cadeia para pessoas sem serem julgadas" e lembra que outro dos seus membros, Antom Santos, está na cadea dende decembro, acusado tamén de pertencer a Resistencia Galega.
A publicación asegura que os detidos son "vítima da excepcionalidade que o Estado reserva para quem se atreve a pôr em dúvida a sua orde constitucional".
No hay comentarios:
Publicar un comentario