lunes, 2 de septiembre de 2013

O 'Si' á independencia en Escocia supera *s unionistas por vez primeira e sitúase no 47%

Por vez primeira desde que a data do referendo foi anunciada o número de voces que se suman ao 'si' pola independencia supera á negativa d@s unionistas. Segundo un inquérito elaborado por Panelbase --a petición do Scotish National Party (SPN)-- o 47% d@s escoces@s apoiarían a constitución dun Estado de seu. Sete puntos máis a respeito dos resultados obtidos na última estatística.


Pola contra, o número de apoios á permanencia de Escocia no Reino Unido diminúe tres puntos e sitúase no 43% d@s enquisad@s. O estudo, que foi elaborado entre os días 23 e 28 de agosto entrevistou a 1.043 persoas maiores de 18 anos, deita uns resultados ben distintos aos tirados hai dous anos polo xornal Herald. Neste senso, en agosto de 2011 a imprensa situaba nun 39% a porcentaxe de escoces@s que apoiarían a independencia de Escocia fronte o 38% da cidadanía que optaría por permanecer no Reino Unido- No entanto, naquela altura o 23% da poboación amosábase indecisa.

Segundo o estudo elaborado por Panelbase na actualidade só o 14% do electorado dubidaría na súa resposta á pregunta "Debe ser Escocia un país independente?".

Amais do avanzo independentista a enquisa reflicte un crecente apoio ao goberno nacional escocés cuxas decisións son consideradas mellores ou máis acertadas pola maior parte d@s escoces@s (60%) fronte a un reducido 16% da poboación que considera máis acaídas as adoptadas polo goberno británico. Así mesmo, o 52% da poboación considera que unha Escocia independente sería un país con éxito.

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/articulo/internacional/independencia-escocia-supera-s-unionistas/20130902103518018547.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario