martes, 6 de agosto de 2013

Piden a dimisión do alcalde de Baralla por "fascistoide"

No último pleno municipal do concello de Baralla, celebrado o pasado 26 de xullo, o alcalde, o popular González Capón, xustificou a negativa do seu partido a condear os crimes da ditadura franquista suliñando que “será porque o merecían”.


Unhas declaracións que non teñen pasado por algo e que provocaron un rebumbio político importante, e non só no concello, onde o PSOE xa lle pediu que retire esta expresión inmediatamente.

"Reaccionario"

"Merece o pobo de Baralla que o seu alcalde falte así o respeto ás vítimas do franquismo? Coa mellor das intencións, diríalle que as súas declaración, Sr. González Capón, poden ser interpretadas por moitas persoas familiares das vítimas do franquismo como apoloxía do terrorismo, pois en nada axudan á paz e á convivencia democrática", apuntan desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMHC).

Ademais, esta asociación acusa ao rexedor popular de "reaccionario" e "fascistoide" e apunta que estas opinións son "propias máis doutro tempo e do réxime franquista que dun dirixente democrático no século XXI".

Noticia completa: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/15362.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario