martes, 6 de agosto de 2013

Educación convoca un 30% menos de bolsas de colaboración e endurece os requisitos

O Ministerio de Educación volve a ser obxecto de polémica por continuar cos seus recortes, esta vez por establecer uns novos requisitos, moito máis estrictos que en anos anteriores, para optar ás bolsas de colaboración. A Liga Estudantil Galega denuncia as modificacións nas condicións para a obtención destas bolsas: "pon trabas inxustas ao estudantado para acceder a elas, seguindo a liña de recortes de este ministerio, que suprime calquera axuda para o acceso a unha educación de calidade no ensino público". Estas bolsas están destinadas a promover a iniciación á investigación dos estudantes universitarios que finalicen os seus estudos de segundo ciclo ou de grao así como os que estean a cursar o primeiro curso de másteres universitarios oficiais. A Liga recalca que o Ministerio de Educación "pretende facer que só as elites poidan acceder a unha formación digna e de calidade".

"Os requisitos que mudaron prexudicarán en gran medida as persoas que opten a estas axudas"

"Os requisitos que mudaron prexudicarán en gran medida as persoas que opten a estas axudas" afirma a Liga. En primeiro lugar, redúcese a dotación da bolsa, nos dous cursos anteriores era de 2.700 euros e pasa a ser de 2.000 nesta convocatoria. Tamén se reduce o número de bolsas convocadas case un 30%, pasando de 3.304 nas anteriores convocatorias a 2.356 en esta. Nas universidades galegas esta reducción afecta considerablente, pasando de 103 a 77 na USC, de 52 a 39 na UdC e de 66 a 50 na UVigo con respecto ó ano anterior.

Noticia completa: http://praza.com/movementos-sociais/5185/educacion-convoca-un-30-menos-de-bolsas-de-colaboracion-e-endurece-os-requisitos/

No hay comentarios:

Publicar un comentario