miércoles, 29 de mayo de 2013

Un profesor de relixión de Lugo tenta captar alumnos prometendo un 10

Os Comités Abertos remitiron hoxe aos medios unha foto dun cartel publicado no taboleiro de anuncios nun centro público de Lugo. O colectivo de estudiantes alerta que "esta aberración" é produto da nova lei do ensino, a polémica Lei Wert. Esta norma recupera a consideración de Relixión como unha materia máis, que contará por exemplo para o reparto de bolsas.


"Estamos ante unha auténtica ofensiva e unha aberración que consiste en entregarlle un cheque en branco á Igrexa Católica para facer o que queira no ensino", argumentan os mozos. Comités asegura que se está a violar "o principio democrático da laicidade inexcusábel das institucións públicas".

O colectivo censurou  o nome do profesor que supostamente prometeu un 10 para captar estudantes. Agora ben, os Comités sinalan que "non teremos ningún problema en trasladarlle á Inspección Educativa o nome da persoa de contacto, docente do Instituto público de Lugo en cuestión, que aparece no cartaz da fotografía".

Noticia completa: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/14561.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario