sábado, 13 de abril de 2013

Tomiño ameazado por unha nova explotación aurífera


A empresa canadina Medgold acaba de recibir o visto e prace para comenzar novas exploracións en busca de ouro na parroquia de Pinzás, en Tomiño, un concello gobernado polo BNG.


Segundo apunta a compañíá nun comunicado, o pasado 15 de marzo "completouse o proceso de solicitude" de tres licencias, tras pagar todos os "impostos correspondentes". Isto implica que xa conta cos permisos da Xunta. A área a analizar abarca 79 quilómetros cadrados, que non están suxeitos a licitación pública, aínda que a empresa agarda tamén aumentar as prospeccións a outros 14 quilómetros.

Os traballos de investigación en Pinzás comenzaron en 2005 cando esta empresa recolleu mostras de rochas nas que había restos de ouro.  De feito, basearonse nos traballos previos doutra empresa na década de 1980. Medgold recolleu 21 mostras de rocha nas áreas de solicitude dos permisos.

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/13950.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario