sábado, 6 de abril de 2013

O PP págalle o almorzo a militantes para evitar as protestas dos preferentistas en Baiona


A Policía Local de Baiona impediu este xoves o acceso dos membros das plataformas de afectados polas preferentes e subordinadas así como o acceso aos cidadáns que acudían para presentar documentación no rexistro municipal. E iso, en parte, porque dende primeiras horas da mañá un grupo de simpatizantes populares tiñan copado os asentos --cando o habitual é que estean baleiros-- e só un preferentista madrugador puido colarse antes do peche das portas.


A portavoz do PSOE nese concello sinalou que os simpatizantes populares que agardaron en Baiona no salón de plenos dende as 8 da mañá, foron convidados ao almorzo. O pleno, onde ían tratarse os orzamentos municipais finalmente celebrouse sen os concelleiros da oposición que decidiron abandonar a sala tras a negativa do alcalde Jesús Vázquez Almuíña de permitir o ingreso dunha representación dos manifestantes.

Nova táctica

Precisamente, o PP podería estar poñendo en marcha unha nova táctica para tentar neutralizar aos preferentistas. Tratariase, precisamente, de utilizar aos seus militantes para encher os plenos e evitar, así, as protestas dos afectados. Este novo plan xa se puxo en marcha con éxito en Baiona e podería continuar en Nigrán. As fontes consultadas apuntan que mesmo se eliminaron sillas do salón de plenos para reducir o aforo e evitar, deste xeito, o acceso a máis convidados.

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/13870.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario