miércoles, 3 de abril de 2013

O medo de Rajoy ao "escrache" fai que evite Galicia


Mariano Rajoy decidiu a última hora cambiar o seu destino de vacacións de Semana Santa. Ao final, decantouse por descansar en Doñana, no Palacio das Marismillas, e descartou viaxar á Sanxenxo, onde posúe un piso e onde lle gusta disfrutar das súas vacacións. Na súa decisión tivo moito que ver a intensificacións das protestas en Galicia dos afectados polas participacións preferentes de Novagalicia Banco.

Por iso, e para evitar as protestas diante do seu domicilio ou nos lugares que soe frecuentar, os seus asesores recomendaronlle que cambiara de destino. E é que no PP xa hai consignas para intentar evitar o "escrache" que puxeron de moda as plataforma antidesahucios diante dos domicilios ou lugares de traballo de destacados dirixentes populares.

Segundo publica El Confidencial Digital de fontes do Goberno, ecomendouselle a Rajoy que non se trasladase a Sanxenxo para pasar as vacacións para poder garantir a súa seguridade íntegra e a da súa familia, tras os episodios de acoso que están a sufrir tamén altos cargos do PP nos seus domicilios por parte da plataforma antideshaucios.

As manifestacións perseguiron a Rajoy en Nadal

O escándalo das preferentes xa acompañou a Mariano Rajoy as últimas festas do Nadal. O presidente do Goberno foi recibido en Noiteboa con apupos por algúns afectados na base da Brilat, en Figueirido (Pontevedra), onde acudiu para trasladar a súa mensaxe de Nadal ás tropas españolas no exterior.

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/13830.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario