martes, 2 de abril de 2013

O funcionario que fixo negocios con narcos, na xefatura do servizo de Emerxencias en Pontevedra


Unha concesión hidroléctica outorgada pola Xunta a dedo a esposa do ex-líder do PP de Caldas de Reis está hoxe en mans de José Alberto Aguín Magdalena, coñecido como o Rubio de Aios. Aguín Magdalena foi encausado na Operación Nécora como número dous do narcotraficante Sito Miñanco. O Rubio de Aios é administrador único da minicentral, segundo comprobou GC no Rexistro Mercantil.

O  ex-líder do PP de Caldas, o funcionario Evaristo Juncal, demitiu en 2010 do seu posto como delegado da Consellería de Medio Ambiente e Infraestructuras. Fíxoo cando El País desvelou que fixera negocios con persoas relacionadas co narcotráfico, incluídos  Marcial Dorado, o delincuente co que ía de vacacións Alberto Nuñez Feijóo, e o Rubio de Aios.

Curiosamente, tras abandonar este cargo. Evaristo Juncal non retornou a súa praza de funcionario.

Juncal segue ocupando un cargo de responsabilidade

Fontes sindicais informaron a GC que a Xunta nomeouno responsábel de Protección Civil en Pontevedra. Consultados por GC, voceiros oficiais do Goberno Galego aseguran que "Evaristo Juncal, funcionario da Administración autonómica, ocupa a xefatura de servizo de Emerxencias na provincia de Pontevedra aproximadamente dende hai dous anos".

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/13827.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario