sábado, 6 de abril de 2013

Milleiros de galegos entéranse agora de que tamén son afectados polas preferentes


Milleiros de galegos veñen de decatarse de que tamén son posuidores de participacións preferentes de Novagalicia Banco. Así o denunciou Xesús Domínguez, voceiro da plataforma de afectados de Compostela, que asegurou que estes aforradores estanse enterando nesta última semana de que tamén son titulares destes produtos financeiros de risco.


Enteráronse a través das cartas que a entidade bancaria galega está a enviar a todos aqueles clientes de produtos tóxicos, e nas que se lles comunica a quita que sufrirán sobre os seus aforros. Segundo aclara Domínguez, son moitos os posuidores de preferentes que estaban convencidos de ter os seus cartos nun depósito a prazo fixo. E pensábano polas iniciais PF que aparecía sempre na documentación do banco. Pero esas letras non significaban prazo fixo, senón preferentes.

Así, a plataforma de afectados de Compostela asegura que esta sorpresa para moitos aforradores provocou que moitísima xente acudise ao instituto dependente da Xunta para demandar a vía de arbitraxe. Isto podería aumentar a cifra de de afectados polas preferentes de Novagalicia Banco, que superaría os 65.000 que se adoita dicir.

Noticia completa: http://praza.com/economia/4053/milleiros-de-galegos-enteranse-agora-de-que-tamen-son-afectados-polas-preferentes/

No hay comentarios:

Publicar un comentario