jueves, 11 de abril de 2013

As clases impartiranse en español en Cataluña con tal de que un só alumno o solicite


O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) vén de ditaminar que as clases se impartan en castelán sempre que un só alumno así o solicite. As aulas serán en español para todos os estudantes, aínda que só unha familia o reclame, e non de forma individualizada para o rapaz que o pide, tal e como se facía ata o de agora no ensino catalán.


O auto, con dato do 6 de marzo, aclara como se debe garantir o dereito dunha familia que solicita a escolarización nas dúas linguas oficiais de forma equitativa. O ditame é claro: "O sistema debe adaptarse a toda a clase da que forma parte ese alumno; o acordado afecta o alumno xuntamente cos seus compañeiros".  Para o TSJC, non é dabondo coa atención individualizada que ofrece a Generalitat aínda que mantén, no entanto, que será a administración autonómica a que determine a proporción de equilibrio entre as dúas linguas.

Tanto o Tribunal Constitucional, coa súa sentenza contra o Estatut, como posteriormente o Supremo emitiron sentenzas nas que se consideraba que o español tamén debería ser lingua vehicular no ensino de Cataluña, pero o TSJC avalou posteriormente o sistema de inmersión lingüística aínda que ordenaba que se atendesen as peticións das familias que solicitaron a escolarización en castelán.

Noticia completa: http://praza.com/ciencia-e-tecnoloxia/4094/as-clases-impartiranse-en-espanol-en-cataluna-con-tal-de-que-un-so-alumno-o-solicite/

No hay comentarios:

Publicar un comentario