sábado, 6 de abril de 2013

A Constitución cidadá de Islandia acaba conxelada


Un mail á primeira hora da mañá este venres resumía nunha sinxela frase o desenlace do borrador da nova constitución cidadá de Islandia: "Mataron o proxecto de constitución". Era da profesora de Dereito na Universidade de Islandia Elvira Méndez quen reside en Reikiavik.


A mediados de febreiro un membro de Qué hacen los diputados estivo en Islandia. Foi unha oportunidade para coñecer de preto a algunhas persoas que estiveran implicadas no debate e redacción do texto constitucional. Unha experiencia que, aínda que posta en marcha desde o Goberno, contou coa participación directa da cidadanía.

Como contaremos máis adiante, o proxecto  resultou un fracaso, segundo confirman os que mellor coñecen o tema, por ser un proceso que acabou por perderse "nas mans dos políticos". Para pór en contexto explicaremos brevemente a historia da constitución cidadá islandesa, para o que hai que remontarse a 2009. Tras as duras protestas cidadás de xaneiro dese ano, o  Goberno dimitiu en bloque e convocou eleccións anticipadas. Deses comicios, celebrados en maio, xurdiu un novo goberno formado pola Alianza Socialdemócrata e o Movemento de Esquerda-Verde.

Noticia completa: http://praza.com/mundo/4054/a-constitucion-cidada-de-islandia-acaba-conxelada/

No hay comentarios:

Publicar un comentario