miércoles, 27 de febrero de 2013

Venezuela sanciona a Inditex por procurar maiores beneficios após a devaluación do bolívar


Así o informou o Instituto para a defensa das persoas no acceso aos bens e servizos (Indepabis) após a modificación nos prezos dos seus produtos implementada pola franquía de Inditex no país. O imperio do téxtil decidiu mudar o PVP dos seus produtos logo de que o goberno venezolano devaluase até nun 32% a moeda nacional (o bolívar) e tiña por obxecto "administrar mellor o seu diñeiro".
Porén, o Instituto entende que en realidade se está a producir unha especulación que procura en última instancia aumentar a marxe de beneficio da empresa ao detectar "marxes excesivas" nos beneficios obtidos pola franquía, segundo afirmou Osiris Pacheco, coordenadora de Indepabis no Estado Miranda.

Así pois, o goberno bolivariano exixiu a Inditex fechar durante 72 horas para "remarcar" seus produtos e adaptalos aos prezos reais, porén deberán pagar "unha multa de 5.000 Unidades Tributarias (uns 85.000 dólares). No entando, advirten desde o Indepabis que de non se adaptar de novo os prezos á realidade --cuestión que será supervisada por funcionari@s públic@s-- do contrario, darase traslado ao Ministerio Público para que "encete un proceso penal, de acordo coas informacións achegadas por Trino Martinez, director nacional de Fiscalización de Indepabis.

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/internacional/venezuela-sanciona-a-inditex-por-procurar-maximizar-os-beneficios-apos-a-devaluacion-do-bolivar/20130226122115011676.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario