domingo, 3 de febrero de 2013

"Se Rajoy non ten nada que dicir, que saia Karanka"


Co HT #RajoynoContesta milleiros de comentarios e opinións están a asulagar twitter e as redes sociais. A decisión do presidente do goberno español de non admitir preguntas dos xornalistas na súa comparecencia, alén de esquivar na súa intervención o espiñento do caso Bárcenas, xerou toda unha ringleira de chíos.
Moitos deles coincidinco en que en vez de Mariano Rajoy, a comparecencia tiña que ser protagonizada por Aitor Karanka, segundo do adestrador do Real Madrid Jose Mourinho. O basco comparece ante os medios cando o portugués ou non quere falar ou opta por dar esquinazo aos xornalistas. De aí a comparativa.

O HT #RajoynoContesta tamén está a usarse para pedir a demisión do presidente español, para alén de reclamar medidasxudiciais contra o PP ou ben denunciar as consecuecias das medidas adoptadas polo goberno presidido por Rajoy. Son, en poucas horas, milleiros e milleiros de chíos os que están nas redes sociais co este HT.

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/internacional/as-redes-sociais-ven-a-rajoy-como-segundo-de-mourinho/20130202172627010528.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario