domingo, 3 de febrero de 2013

A dirección de TVE impide a emisión dun documental sobre o Prestige


O documental Huellas de chapapote ía ser emitido o pasado domingo dentro no programa Documentos TV. Porén, a última hora foi substituido pola reemisión de El misterio de los centenarios por decisión da dirección de TVE. A explicación que internamente se lles deu aos responsables de Documentos TV foi que se está a desenvolver o xuizo pola catástrofe e que a cadea non quere "interferir en procesos abertos".


Porén esta explicación non satisfaceu a todo o mundo, e son moitos os que atopan estraño tanto o cambio a última hora coma o feito de que o avance do programa desaparecera da mesma páxina web da televisión pública.

O programa céntrase na análise da catástrofe pero sobre todo na actuación dos milleiros de voluntarios e voluntarias que colaboraron nos traballos de limpeza e salienta a maneira en que isto afectou á saúde de moitas destas persoas. En declaracións que se inclúen no documental Suso de Toro salienta que "os vertidos retiráronse sen medios, coas mans, ensuciándose, sen coñecer realmente a medida e as consecuencias daquilo e a perigosidade do que estaban facendo”. O programa tamén fai referencia a un estudo da Sociedade Española de Neumoloxía, que afirma que as personas que limparon activamente sen protección, presentaban secuelas no aparato respiratorio e poden ter repercusións serias no futuro.

Noticia completa: http://praza.com/movementos-sociais/3487/a-direccion-de-tve-impide-a-emision-dun-documental-sobre-o-prestige/

No hay comentarios:

Publicar un comentario