miércoles, 27 de febrero de 2013

Os traballadores da Voz denuncian ameazas


Máis de 160 traballadores e traballadoras das distintas delegacións de La Voz de Galicia mantiveron unha asemblea esta fin de semana. Os asalariados confiramaron a negativa a aceptar "o marco de negociación imposto pola empresa". Os traballadores denuncian que na proposta empresarial, "inzada de ameazas e ilegalidades", ínstase aos asalariados a aceptar unha rebaixa salarial do 12,5% e despidos sen límite.


Primeiras mobilizacións

Reunidos en asemblea, os proletarios apoiaron aos seus representantes que comunicaron á compañía de Santiago Rey que "non aceptamos a negociación coa empresa nos termos, calendario, obxectivos e proposta contidos" da proposta patronal.

Despois da asemblea, o Comité Intercentros (formado por trece traballadores) estaba convocado a unha concentración diante da antiga sede de La Voz de Galicia en Catro Camiños, no centro da Coruña. A pesar de que a convocatoria estaba restrinxida aos delegados de persoal, medio centenar de asalariados sumáronse á protesta, segundo informa a CIG . O sindicato nacionalista é o máis representado nun comité no que tamén participan, entre outros, Sindicato de Xornalistas e Comisións Obreiras.

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/13394.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario