miércoles, 27 de febrero de 2013

A Xunta veta unha charla estudantil por usar un cartaz antifranquista


A Asemblea de Estudantes de Vigo, un colectivo de estudantes que se define "horizontal e democrático" denuncia a prohibición da celebración dunha charla-debate sobre o movemento estudantil no IES Santa Irene de Vigo.


Non é a primeira vez que organizaban estas charlas pero, nesta ocasión, a dirección negouse xa que, según o director, o Delegado de Educación emitira unha queixa polo deseño do cartaz das xornadas anteriores dun evento conxunto coa Asemblea Universitaria de Vigo sobre a LOMCE e na que aparecía un antidisturbios franquista cargando contra un manifestante --tal e como figura na foto--. "Por este motivo, tachóusenos de alborotadores", sinalan os estudantes.

"Decisión política"
"Consideramos que esta é unha decisión puramente política para intentar frear este movemento que cada día convoca a máis estudantes de instituto a manifestacións en que reclaman pacífcamente os seus dereitos", denuncian ao tempo que reivindican un espazo no que poidan desenvolver os seus actos sen que se lles "prohiba o libre exercicio de asociación".

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/13384.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario