miércoles, 27 de febrero de 2013

"O falso debate entre lingua propia e plurilingüismo é unha aberración"

La Bressola, escoles laiques catalanes de la Catalunya del Nord, é unha asociación que, dende os anos setenta, impulsa unha rede de escolas populares nos territorios administrativamente pertencentes á Francia que teñen o catalán como lingua propia. Na Catalunya do Norte atenden uns 800 alumnos e alumnas cada curso académico dende os dous anos de idade ata o remate do ensino obrigatorio, as xeracións das que depende a "supervivencia" da lingua catalá neste territorio, explican. Durante unha visita á asociación compostelá A Gentalha do Pichel para compartiren a súa experiencia a directora da asociación, Eva Bertrana, o seu director pedagóxico, Francesc Franquesa, e o membro da súa xunta directiva Joan Ridaura conversan con Praza Pública sobre o labor educativo das escolas a as semellanzas e diferenzas da súa realidade lingüística a respecto da galega.


Parte das reformas lingüísticas desenvolvidas polo actual Goberno galego asentáronse nunha dicotomía entre inmersión e plurilingüismo na escola. Ten sentido, dende o punto de vista educativo e pedagóxico?

Francesc Franquesa: Utilizando verbas que non son nosas, que son de Joan-Loís Blenet, presidente de Calandreta [Confederación Occitana de Escolas Laicas]: "ninguén pode aprender nada mollándose ata a cintura". É moi difícil aprender unha lingua e ser quen de utilizala sen estar no sistema de inmersión, onde debas utilizala para poder vivir dentro da escola. Nós somos partidarios do sistema de inmersión.

Joan Ridaura: O falso debate da dicotomía inmersión versus plurilingüismo é unha aberración, porque a aprendizaxe dunha lingua, máis aínda cando é a propia, non é un impedimento para aprender outras. É un falso debate.

Entrevista completa: http://praza.com/movementos-sociais/3698/o-falso-debate-entre-lingua-propia-e-plurilinguismo-e-unha-aberracion/

No hay comentarios:

Publicar un comentario