miércoles, 13 de febrero de 2013

Botado do pleno un deputado de AGE por ironizar sobre a "corrupción" no PP


Pleno na Cámara galega en época de Entroido e, entre os protagonistas do día, dous ourensáns, precisamente, a provincia con máis tradición desta festa en Galicia. Un, Miguel Santalices, do PP, exercendo coma presidente, outro, David Fernández, de AGE, defendendo unha iniciativa contra a corrupción.


"Manifesto unha queixa á Mesa en nome dos veciños da miña circunscripción electoral que é a de Ourense porque é unha falta de respecto que se poña un pleno en Entroido cando é a época máis importante do ano para eles. Eu mesmo cheguei a punto de vir disfrazado de sobre", comezou Calviño a súa intervención, facendo extensiva a crítica aos portavoces de todos os grupos, incluído AGE.

Previamente, foi Beiras quen suscitou a cuestión do Entroido até lamentar que non se respectase esta "tradición". Foi un reproche velado aos populares, aos que acusou de estar "permanentemente disfrazados". "Eu acudo á Camara a traballar aínda que sexa martes de Entroido e estou orgulloso de facelo", respondeulle nun turno posterior o deputado popular Jaime Castiñeira.

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/13231.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=facebook

No hay comentarios:

Publicar un comentario