miércoles, 13 de febrero de 2013

"7,3 millóns en dividendos" e "122 traballadores menos" na Voz de Galicia


O próximo día 28 de febreiro resolverase na Audiencia Nacional a demanda de Conflito Colectivo que o Comité Intercentros  ten interposto contra La Voz de Galicia. De acordo á versión dos traballadores "a demanda baséase na decisión unilateral da parte empresarial de variar o cómputo do descanso compensatorio por traballar os días festivos".


Os informadores alertan que, tras unha serie de despedimentos, a carga de traballo é excesiva e que   “a empresa debería estar contratando xente desde hai tempo, sobre todo nas delegacións”. Unha situación que dista da realidade porque, segundo denunciaron, “leva desprendido desde comezo do 2008 un total de 122 traballadores e traballadoras: o equivalente a facer 2,5 EREs, só en La Voz de Galicia”.

Os directivos da Voz gañaron 8 millóns en tres anos

O Comité -presidido pola CIG e con representantes doutras centrais como SXG e CC.OO. argumenta que se trata de reducir custes laborais pola crise , habería que cuestionar “por que os directivos e administradores desta empresa se levan repartido no período 2008-2011 un total de 7.382.837€ en dividendos, mesmo coa empresa entrando en perdas, mentres as indemnizacións e retribucións da alta dirección foron de 8.291.875€. En total, 15.674.712€ en catro anos”. Datos que afirman, foron auditados e que están ao dispor de quen queira pode comprobalo.

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/13230.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario