martes, 12 de febrero de 2013

A Xunta recortou os fondos para acceso á vivenda un 70% en tres anos


O pasado decembro, en pleno shock social polo salto aos titulares dos suicidios de persoas a piques de seren desafiuzadas, a Xunta anunciaba un plan de medidas paliativas para estes desaloxos. O Goberno galego anunciaba a posta á disposición dunhas 500 vivendas para, en réxime de cesión ou alugueiro, tentar aliviar a situación das persoas desafiuzadas.
A propia exposición daquel plan amosaba o seu carácter excepcional, case composto ao ritmo dos acontecementos. Pero, cal é o verdadeiro compromiso do Goberno galego co acceso á vivenda? Segundo os Orzamentos Xerais da Xunta, este compromiso vén descendendo moi significativamente nos últimos anos, nomeadamente, cunha caída de máis do 70% dende 2010.

Nas primeiras contas públicas elaboradas polo gabinete de Alberto Núñez Feijóo o programa de "acceso á vivenda", xestionado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), contaba con 84,03 millóns de euros, 13 máis que nos últimos orzamentos do bipartito. Naquel documento orzamentario a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, da que depende o IGVS, explicaba os obxectivos que perseguía con este programa. Entre eles situábase "impulsar o desenvolvemento de solo residencial para a creación de solo con destino preferente á construción de vivendas protexidas" e tamén a "construción de vievenda de promoción pública", xa fose "rematando as vivendas xa iniciadas nos anos anteriores" ou "iniciando novas actuacións".

Noticia completa: http://praza.com/economia/3563/a-xunta-recortou-os-fondos-para-acceso-a-vivenda-un-70-en-tres-anos/

No hay comentarios:

Publicar un comentario