martes, 12 de febrero de 2013

A Fiscalía pide 18 anos de cadea para cinco sindicalistas por desordes na folga do 27-X


18 de meses de cadea para cada un. Esa é a condena que a Fiscalía pide para cinco sindicalistas galegos, catro da CIG e un da CUT, acusados dun delito de desordes públicas e outra contra a seguridade viaria e que terían sindo cometidos durante a folga xeral do 27 de xaneiro de 2011 convocada polas centrais nacionalistas.


O xuízo foi celebrado este luns na na sala do Penal número 3 de Vigo, e nel acusouse os procesados de ser os responsables de cortar o tráfico na zona da Avenida de Madrid cunha barricada formada por carretes de cable eléctrico ardendo. A defensa dos cinco sindicalistas rexeitou as acusacións da Fiscalía e destacaron as continuas "contradicións" dos axentes de Policía, que declararon como testemuñas.

Así, a defensa revelou que non hai análise ningunha do contido dunha das garrafas intervidas polos policías, así como as dúbidas sobre se en realidade viron ou non aos mozos tirala pola ventá dun coche.

Os acusados aseguran que na madrugada daquel 27 de xaneiro dirixíanse a Vigo e atopáronse coa barricada, mentres que a Policía asegura que empezou a arder logo de que eles marchasen, algo que negan os presuntos responsables do acto, que aclaran que foron detidos logo de recoller un compañeiro na súa casa para participar nos piquetes informativos da noite.

Noticia completa: http://praza.com/movementos-sociais/3567/a-fiscalia-pide-18-anos-de-cadea-para-cinco-sindicalistas-por-desordes-na-folga-do-27-x/

No hay comentarios:

Publicar un comentario