sábado, 9 de febrero de 2013

A imprensa española prosegue coa súa campaña de intoxicación sobre a saúde de Chávez


A imprensa española non cesa na súa teima de especular arredor da saúde do presidente venezolano Hugo Chávez. Neste senso, o diario dereitista ABC achega hoxe na súa portada web unha información en que aseguran que o líder bolivariano "non se recuperará" da enfermidade que padece desde 2011.
Citando supostas fontes ás que tivo acceso o xornal --mais que non se revelan-- o rotativo español afirma con rotundidade que o Goberno venezolano "anunciará nos próximos días" a "incapacidade" de Chávez e a súa imposibilidade para regresar ao país e retomar as súas responsabilidades políticas. Neste senso, ABC asegura que diversos "membros do Tribunal Supremo" xa terían sido informados da grave situación.

Cabe salientar que o mesmo medio chegou a asegurar o pasado mes de xaneiro que Hugo Chávez Frías estaba en "coma inducido" e mesmo que podería ter "falecido", unha información que posteriormente foi refutada polos propios acontecementos tanto polas visitas internacionais que recibiu o presidente como polas imaxes difundidas desde A Habana en que se amosaba o líder bolivariano camiñando nos arredores do complexo hospitalario en que se atopa ingresado desde finais do pasado ano.

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/internacional/a-imprensa-espanola-prosigue-coa-sua-campana-de-intoxicacion-contra-a-saude-de-chavez/20130209133441010867.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario