domingo, 20 de enero de 2013

Os mortos polo franquismo xa teñen identidade


Pedro Voces Canóniga, Félix Yáñez González e Antonio Veiga Guerreiro xa teñen rostro e nome...e familia. Os tres estaban soterrados na parte de atrás do cemiterio de Vilavella, en Triacastela, Lugo, logo de ser asasinados nun enfrontamento coas forzas franquistas. Os tres eran guerrilleiros e botaronse ao monte para combatir a Franco e defender a lexitimidade da República.

A Asociación para a Memoria Histórica (ARMH) sacounos do buraco no que estaban en 2010, pero seguían sen estar identificados. Tres anos despois, e logo de numerosas probas de ADN levadas a cabo por Labgenetics, un dos laboratorios con máis experiencia en identificacións xenéticas, os seus familiares poden durmir tranquilos.

Todos eles eran orixinarios do Bierzo: Pedro Voces Canóniga, veciño de Villabuena; Antonio Veiga Guerreiro, de San Juan da Mata e Félix Yáñez González, de Campelo.

Descubertos por unha delación

Félix Yáñez foi identificado grazas á mostra de ADN da súa irmá Josefa, que ten 98 anos e no caso de Pedro Voces foi un dos seus sobriños. A Garda Civil acabou coas súas vidas o 12 de novembro de 1943, tras sorprenderlo nas proximidades de Vilavella tras unha delación dun antigo colaborador dos guerrilleiros.

Un cuarto home, Ovidio Peláez Rodríguez, logrou saír con vida do tiroteo, falecendo só uns meses máis tarde nun combate, esta vez na provincia de León. Posteriormente, o tres cadáveres foron trasladados ás proximidades da igrexa de Vilavella, sendo enterrados na parte posterior da mesma, extramuros do cemiterio parroquial.

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/12925.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario