jueves, 24 de enero de 2013

Operarios do naval rodean o Concello de Ferrol e exixen a demisión do alcalde


Desafiando a choiva e o frío, por volta de 3.000 operarios do naval de Ferrol voltaron manifestarse na defensa de carga de traballo e para denunciar o incumprimento do PP para co sector. Os traballadores arrodearon o Concello e exixiron a demisión do alcalde, o popular Rey Varela, pola "súa nula vontade de facer algo e porque só nos quere para saír nas fotos".

Desde os comités de empresa de Navantia, así como desde os diferentes sindicatos, denuncian que a situación é "insostíbel" e acusan o PP de facer promesas e máis promesas de carga de traballo sen que estas se concreten malia o paso do tempo. "Hai responsabilidades políticas claras, quer no Concello, como na Xunta como en Madrid", tres institucións en mans dos populares.

O naval de Ferrol decidiu retomar as mobilizacións. A primeira foi esta cuarta feira, 23 de xaneiro, e foi só un primeiro paso, pois valórase levar a cabo unha manifestación en Compostela o 13 de febreiro. E, na última semana, dese mes, unha gran mobilización a nivel comarcal en Ferrolterra.

Só promesas, sen feitos

"Motivos para saír á rúa hai de abondo", recoñecen nos sindicatos. Lembran que dos dous floteis de Pemex (un para os estaleiros de Vigo e outro para os de Ferrol) non hai nada novo, alén de promesas. "Encheron a boca de falar, de dicer que estaba feito, e está todo no aire". Máis alá das reiteradas promesas de Feijóo afirmando que todo estaba 'atado e ben atado', o certo é que a multinacional mexicana non tomou decisión definitiva sobre este tema. Polo que os floteis poden que non sexan construídos en Galiza. "Por cada semana que se retrasa o flotel, a comarca sofre entre 150 e 200 despidos"

Outra das cuestións, e quizás a máis importante para o sector, é o dique flotante para Ferrol, unha estrutura que xeraría emprego e dotaría dunha ferramenta este naval para competir, garantindo máis posibilidades de carga de traballo.

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/economia/alen-de-3-000-operarios-do-naval-denuncian-en-ferrol-os-incumprimentos-do-pp/20130123115813009927.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario