sábado, 26 de enero de 2013

O PP vota nas deputacións a prol da devolución íntegra dos aforros a estafad@s polas preferentes

O PP vota nas deputacións a prol da devolución íntegra dos aforros a estafad@s polas preferentes. Tamén o fixo así o voceiro do PSdeG-PSOE na deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, quen foi vicepresidente de Caixa Galicia e membro do consello de administración de Novacaixagalicia.

Así as cousas, afectad@s pola comercialización de preferentes e subordinadas protagonizaron esta sexta feira os plenos das deputacións da Coruña e Pontevedra. Ambas accións, de corte pacífico, realizáronse co gallo do debate de mocións respecto da quita que o Goberno español negociou con Bruxelas, aceptando que parte do rescate de Novagalicia Banco recaese sobre @s aforrador@s, que serán accionistas á forza da entidade nacionalizada.

Así as cousas, máis de cen afectad@s presenciaron o pleno da Deputación da Coruña e aplaudiron a aprobación por unanimidade dúas mocións presentadas por PP e BNG que sufriron modificacións ao longo do debate. "Consideramos que a nosa presencia era importante para apoiar" os dous textos, cunha acción que estivou apoiada polas plataformas de afectad@s da Coruña e das Rías Altas.

A formación nacionalista pedía na súa moción a devolución íntegra dos aforros sen quta e a derrogación do real decreto de reestruturación e resolución de entidades de crédito, imposto polo Goberno español. O apoio unánime conseguiuno o BNG após retirar unha mención a "pequenos inversores", tal e como explicou a este xornal a voceira da plataforma coruñesa Ana Cedeira, subliñando que "nós somos todos aforradores".

No hay comentarios:

Publicar un comentario