martes, 15 de enero de 2013

Galiza impulsa unha novidosa campaña internacional de solidariedade con Palestina nas redes


"Para apoiar a causa palestiniana non fai falla ser de esquerdas, panarabista, internacionalista ou nacionalista, nin árabe nin musulmán, nin especialmente concienciad@ ou unha persoa tendente á solidariedade. Fai falla, simplemente, ser un ser humano". A frase, pronunciada hai xa uns anos por un xudeu supervivente dos campos de exterminio nazis, resumía como poucas (polo que expresaba e por quen a expresaba) como Palestina se transforma nun termómetro moral da condición humana. Unha ocupación militar de décadas na que a limpeza étnica se dá a man coa impunidade do Estado malia que na práctica debería facer mover marés de solidariedade de persoas, pobos e Estados. Mais non é así.


Para intentar paliar este escenario, Galiza vén de dar un paso adiante. Baixo a palabra de orde de #ImPalestinian e a través das redes sociais, a plataforma Galiza por Palestina  impulsa unha iniciativa con vocación internacional para achegar solidariedade coa causa palestiniana. O xeito de facelo é simple: Descargar un cartaz da web que en distintos idiomas contén a frase Eu son palestiniano porque... e engadir o motivo. Facer unha foto e remitila a impalestiniancampaign@gmail.com. E a imaxe solidaria rulará polas redes sociais, de twitter a faceboock. Simple e solidario.

A campaña será presentada públicamente en breve. A campaña desenvolverase ao longo deste ano, mais non se descarta que se amplíe se resulta ter éxito.

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/galiza/tod-s-somos-palestinian-s/20130115173239009593.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario