domingo, 20 de enero de 2013

Entrevista a Néstor Rego, secretario xeral da UPG


Apenas 10 minutos após a conclusión da Conferencia Nacional, Sermos Galiza mantivo unha breve conversa co secretario xeral da UPG.


-Que conclusións se tiran desta Conferencia Política convocada pola UPG?

Estamos nun momento político complexo, cunha crise económica e social crecente, mais tamén cunha crise do sistema político español e un cuestionamento das institucións políticas e da actuación do PP no goberno. Nesta conxuntura política complexa, valoramos que é imprescindíbel un BNG forte e con capacidade operativa na medida en que é a forza que se veu enfrontando decididamente ás políticas antisociais que padecemos e continúa a facelo. Desde a UPG queremos contribuír para ese obxectivo dun BNG sólido, referente social dunha posición clara de rebeldía, que aposta decididamente pola soberanía como fórmula de garantir unha saída social e xusta da crise.


-Como se insire a Conferencia no debate que se está a desenvolver no BNG?

O BNG abriu un proceso de reflexión co obxectivo de corrixir deficiencias e erros, mais conta tamén con moitos valores e moitas potencialidades. Achamos que ese proceso está a ser moi positivo e nós, unha vez que finalizou a primeira fase do debate, queriamos contrastar a opinión da militancia a respecto dalgunhas cuestións que centraron o proceso de reflexión no BNG e, dese modo, podermos facer tamén o noso contributo, como xa fixeron outros colectivos e persoas.

Entrevista completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/galiza/a-upg-aposta-na-construcion-dun-amplo-movemento-politico-social-a-prol-da-soberania/20130119225019009764.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario