jueves, 24 de enero de 2013

A Axencia Tributaria demostra que Urdangarían facturou máis de un millón coa empresa que comparte coa Infanta Cristina


O informe da Axencia Tributaria foi remitido ao xulgado que investiga o caso e descobre así que Urdangarín usaba a empresa Aizoon como unha sociedade pantalla co fin de diminuir a tributación no IRPF. Os servizos xurídicos da Axenda Tributaria dá así por feito que se cometeu delito coa Facenda Pública sen ter que agardar, segundo di no informe, ao procedemento xudicial. Demóstrase, por tanto, o delito de Urdangarín a través de Aizón e deixa en suspenso a Axencia Tributaria se cómpre imputalo a el persoalmente ou á sociedade que compartía coa filla do Rei aínda que, segundo consta no informe, optan por imputar as retribucións á persoa física e non á xurídica.


A Axencia Tributaria demostra que o cadro de persoal de Aizoon non se correspondía coas actividades declaradas, o que queda á vista nos gastos da sociedade, que, segundo o informe, non estaban relacionados cos contratos dos que procedían os ingresos. Recoñece así no documento que a existencia de Aizoon “só se xustifica como pantalla da cal se servía o señor Urdangarín para ocultar as súas retribucións persoais derivadas da súa propia actividade persoal, deducirse gastos non relacionados coa actividade e suxeitalas a unha tributación inferior”.

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/galiza/a-axencia-tributaria-da-por-suposto-que-urdangarian-cometeu-delito-coa-sociedade-que-partilla-con-cristina-borbon/20130123074304009914.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario