"A Xunta tivo que elixir entre investir nos galegos ou facelo en cemento e obras públicas, e apostou principalmente polo primeiro", di Rodríguez Arias par aferrarse a que "case oito de cada dez euros irán destinando a gasto social, a porcentaxe máis alta rexistrada nunca nuns Orzamentos autonómicos en Galicia". A xuízo da parlamentaria popular a "aposta polas políticas de benestar deste Goberno soporta a comparación con calquera orzamento deseñado por unha administración progresista", xa sexa esta "local, provincial, autonómica ou nacional, pasada ou presente", enfatiza.
"Resiste a comparación con calquera orzamento deseñado por unha administración progresista", di Rodríguez Arias
Neste sentido, a popular remítese ás comunidades "tradicionalmente máis poderosas que Galicia" en ámbitos como "o PIB por habitante ou a cantidade e calidade de servizos públicos" para asegurar que agora senten a devandita "envexa" pola "nosa contención do déficit, pero tameń pola nosa capacidade para manter e mellorar os nosos alicerces sociais no actual contexto"."É evidente que nos gustaría poder deseñar un orzamento expansivo, pero non podemos elixir os tempos que nso tocou vivir e xestionar", di Rodríguez Arias, parafraseando ao propio Feijóo. "En todo caso -resolve- 2013 pode ser o epílogo da crise se xestionamos ben os nosos recursos". Para os grupos da oposición cabe preguntarse se o proxecto orzamentario para 2013 é algo máis ca "unha inocentada".
No hay comentarios:
Publicar un comentario