viernes, 28 de diciembre de 2012

A Xunta aproba uns orzamentos retrotraídos ao 2005


O Consello da Xunta aproba uns orzamentos para 2013 que deixan a capacidade de gasto a niveis do que tiña en 2005. Unhas contas que son inferiores nun 7% ás do exercicio interior e que poñen o teito de gasto en 8.481 millóns de euros. Desde o goberno galego xa se puxo en marcha o mantra de que estas contas van "blindar os servizos públicos". Non opinan o mesmo os e as centas de funcionarias que á mesma hora que se reunía o Consello se manifestaban en defensa, precisamente, duns servizos públicos sometidos desde hai catro aos a tesoirada tras tesoirada. "A Xunta, recorta e privatiza" foi unha das palabras de orde. A mobilización estaba convocada polos diferentes sindicatos, entre eles CIG, CCOO e UGT.

Desde que Feijóo chegou á presidencia da Xunta, os orzamentos foron sufrindo recorte tras recorte.Feijóo calificou as contas de "realistas, que din a verdade, e rigurosos", así como de "prudentes" e "solventes". Os orzamentos autonómicos para 2013 prevén un retroceso da economía galega do -0,9% paraese ano, cunha taxa de paro do 21%. A Consellaría de Facenda estima que 2012 rematará cunha caída do PIB do -1,1%.

Feijóo tamén engadíu que  os e as traballadorasl da Xunta de Galiza que así  o desexen poderán cobrar a metade da paga extra de xullo (que pasará pola tesoira) coa nómina de xaneiro-

Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/economia/a-xunta-aproba-uns-orzamentos-retrotraidos-ao-2005/20121227124818008986.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario