sábado, 24 de noviembre de 2012

"O pesimismo contáxiase máis que a peste, haberá que superalo con rebeldía e coraxe"

Alberto Ramos (Compostela, 1986) vén de gañar o premio Vicente Risco de creación literaria coa súa terceira novela, Todos os días, que sairá do prelo da man da editorial Sotelo Blanco. O bucle vital dun mozo que vén de quedar no paro tras o peche do diario no que traballaba é o piar no que se apoia esta historia de crise persoal e colectiva, que o mesmo describe as dificultades do oficio de contar noticias que o de calquera persoa que ve como esvaen os seus horizontes laborais. O xornalista e escritor,tamén colaborador de Praza Pública, admite diversas conexións coa realidade na ficción da súa novela. Pero este non é "un axuste de contas". Ao cabo, ironiza, é imposible que alguén observe moitos paralelismos co propio pasado laboral do autor: "Xornal de Galicia nunca existiu ou, polo menos, hai moi poucas probas de que existise", relata con retranca.

Tres libros e tres premios, dá máis alegrías a literatura que o xornalismo?
Eu téñolle un pánico atroz aos editores, non porque me caian mal, pero non teño a valentía de ir cun manuscrito a dicirlle a un editor se mo publica. Por iso prefipo presnetarme aos premios dende o anonimato e se gañas, gañas, e senón nada. O xornalismo leva moito tempo de velorios, de despedimentos, de compañeiros e compañeiras que perden o traballo a un ritmo de vertixe. Alegrías, practicamente ningunha e non ten trazas de que iso vaia mellorar. Hai quen di que vivimos demasiado ben, non sei quen viviu tan ben do xornalismo, eu dende logo non e a maioría tampouco. Sempre hai algunha excepción, algún ex director, algún tertuliano...

Hai quen vive ben do xornalismo, pero non hai moito xornalista que viva ben...

"Seguramente, quen vive ben do xornalismo é quen menos xornalismo fai"

Seguramente quen vive ben do xornalismo é quen menos xornalismo fai, tal e como están as cousas. O número de despedimentos que houbo en todo o Estado dende que empezou esta crise foron 8.000, en Galicia foron o 10%. En apenas tres anos, iso son cifras de reconversión. E quen o está pagando non son os consellos de adminsitración, senón os xornalistas, os traballadores, os obreiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario