sábado, 24 de noviembre de 2012

Beiras carga contra o Parlamento por tratar a AGE como "intruso"

O portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) no Parlamento galego, Xosé Manuel Beiras, cargou contra o trato que recibe o seu grupo da Cámara autonómica e que considera discriminatorio á hora, sobre todo, do reparto de dependencias. O líder da formación acusou o Parlamento de funcionar como "un organismo supraprovincial caciquil" e insistiu en que "semella que non se poden producir trastornos" máis que a AGE, que xa amosara o seu enfado por non dispor de instalacións no Pazo do Hórreo para desenvolver o seu traballo ordinario a menos dunha semana do debate de investidura.

Logo da reunión da xunta de portavoces do Parlamento, Beiras comparou a Cámara "cunha comunidade de propietarios que xa ten todo repartido" e na que se busca "ver como se fai sitio aos recentemente chegados" aos que se dá tratamento de "alborotadores, respondóns e rabudos" e incluso de "intrusos". Así, amosouse sorprendido e cargou contra o feito de que "haxa coincidencias" entre PSdeG e BNG en propostas que, segundo di, deberían ser "inverosímiles" para a oposición.

Unha das cuestións que máis indignou a Beiras, moi enoxado, foi a distribución de dependencias no Parlamento galego que AGE considera "un insulto", posto que na súa posición de terceira forza reclama maior espazo que o BNG. En concreto,denuncia que a proposta da Mesa é de "180 metros cadrados" de espazo para os parlamentarios de AGE fronte a "230 metros cadrados" do Bloque. PP, PSdeG e BNG uníronse nas críticas ao líder de Alternativa. Pedro Puy, voceiro dos populares, amosou a súa sorpresa polo feito de que "a primeira preocupación" da coalición "sexa o tamaño dos seus despachos".

Noticia completa: http://praza.com/politica/2797/beiras-carga-contra-o-parlamento-por-tratar-a-age-como-intruso/

No hay comentarios:

Publicar un comentario