martes, 30 de octubre de 2012

Nos xornais farase folga canda o resto dos traballadores


Os sindicatos pertencentes ao Foro de Organizacións de Xornalistas (FOP) –a Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP) da que forma parte o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG), a Agrupación Xeral de Xornalistas de UGT (AGP-UGT), Xornalistas de CCOO e Sindicat da Imatge (UPIFC)– chaman a todos os traballadores e traballadoras dos medios de comunicación a sumarse á xornada de Folga Xeral do próximo 14 de novembro.

É a primeira vez que as centrais do sector da comunicación chegan a un acordo e convocan todas a todos os informadores a facer folga o mesmo día que os demáis proletarios.

Noticia completa: http://galiciaconfidencial.com/nova/12027.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario