martes, 30 de octubre de 2012

Galicia sofre 17 desafiuzamentos ao día e suma máis de 9.000 desde o inicio da crise


Máis de 3.000 familias galegas perderon a súa casa ou negocio nos seis primeiros meses deste ano. En total, 3.037 desafiuzamentos segundo os últimos datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), o que supón xa unha cifra de máis do dobre que en 2009 e dun 60% máis que en todo 2010 e todo 2011, onde se efectuaron pouco máis de 2.000 nos doce meses. E os números empeorarán cando finalice o reconto do que queda de exercicio.

Son dramas humanos provocados polo embargo ao que son sometidos aqueles cidadáns que non poden facer fronte á hipoteca. Familias sen teito afogadas polos bancos que reclaman os seus cartos mentres son rescatados recibindo miles de millóns de euros das administracións. As cifras arrepían. Se en 2012 o ritmo de desafiuzamentos en Galicia situouse nos nove ao día, no que vai de 2012 case se dobrou até rozar os 17 diarios, 120 á semana. Todo, mentres no país hai preto de 38.000 vivendas baleiras sen estrear, tal e como se tira dos datos que facilita o Goberno central.

Noticia completa: http://praza.com/movementos-sociais/2522/galicia-sofre-17-desafiuzamentos-ao-dia-e-suma-mais-de-9000-desde-o-inicio-da-crise/

No hay comentarios:

Publicar un comentario