Ramón Noceda: "Na Rede Natura os veciños non poden decidir nin opinar sobre o que se pode facer ou non nos espazos naturais"
O Monte Pindo agarda
O concello de Carnota é o segundo na nosa costa con máis superficie protexida. A Xunta leva promocionando nos últimos anos máis a figura da Rede Natura 2000, desprestixiada polas actuacións realizadas nos últimos anos, que a do propio Parque Natural solicitada na zona pola asociación "Monte Pindo Parque Natural". Algunhas das razóns dese desprestixio son as que denuncia a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) que asegurou non hai moito que o Plano Director da Rede Natura 2000 "pretende, tralo verniz dunha falsa protección ambiental, "abrir o melón" da especulación nas 390.000 hectáreas que ten, a máis cativa en porcentaxe do estado". Para esta organización ecoloxista "a Xunta abusa da discrecionalidade e das excepcións para permitir, por exemplo, construir piscifatorías, incineradoras, autoestradas, concentracións parcelarias e aumentar a edificabilidade nun 50% nas zonas de protección".
"Na Rede Natura os veciños non poden decidir nin opinar sobre o que se pode facer ou non nos espazos naturais". Esta afirmación é de Ramón Noceda, alcalde de Carnota. Ten claro que, no caso do seu municipio, "non suporá máis restriccións para os veciños senón ao contrario: permitirá consensuar entre todos os sectores os usos que debe ou non debe ter o Monte Pindo".
No hay comentarios:
Publicar un comentario