jueves, 27 de septiembre de 2012

Dimite o edil do BNG imputado na Pokemon

O concelleiro do BNG detido no marco da 'Operación Pokémon', Fernando Varela, presentou a súa demisión como edil na corporación local despois de ser imputado por suborno e tráfico de influencias no marco das investigacións da operación Pokemon.

A decisión é persoal, a pesares de que tododos os órganos do BNG, asemblea Local e Asemblea comarcal, ademais de dirixentes da Executiva do BNG, manifestaran que Varela tería que deixar o seu cargo se era imputado.

Con todo, Varela, que onte tivo que acudir ao hospital froito dun ataque de ansiedade, defendeu en todo momento, e mesmo nas conversas cos seus compañeiros de formación, a súa inocencia. Pero, para non danar a imaxe do Bloque, decidiu demitir.

E é que desde que foron detidos varios cargos públicos, os nacionalistas tamén pediron a demisión do alcalde de Boqueixón e abandonaron o goberno municipal pola negativa do rexedor ourensán a deixar o bastón de mando.

Foi ao traballo

Por outra banda, o xefe da Policía Local de Ourense, Abelardo U., incorporouse este xoves ao seu traballo con normalidade tras ser detido no marco da 'Operación Pokémon'.

Abelardo U. fora detido o martes no marco da 'Operación Pokémon' e quedou o mércores en liberdade baixo fianza de 5.000 euros tras prestar declaración ante a xuíza instrutora en Lugo. Impútanselle os delitos de suborno e tráfico de influencias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario