jueves, 27 de septiembre de 2012

Dimite o alcalde de Ourense

Finalmente, e logo de varios dáis de tiras e puxas coa dirección galega do PSdeG e coa dirección do PSOe, Francisco Rodríguez decidiu a útima hora da mañá presentar a súa demisión, xusto, unhas horas despois de que a anunciara o edil nacionalista Fernando Varela.

Rodríguez pon así fin á a polémica que mantivo cos dirixentes do seu partido durante os últimos días, a pesares de contar co respaldo da asemblea local da súa formación.
Con todo, a demisión este xoves de Fernando Varela, o concelleiro do BNG tamén imputado, e das divisións xurdidas no seu equipo de goberno, levaron a Rodríguez a presentar a súa renuncia.
Segundo informa Faro, no sumario hai unha anotación da contabilidade de Véndex segundo a cal o edil socialista tería cobrado 10.000 euros dun suborno.

Gacio

Con estas dúas dimisións, e á espera do que faga o edil socialista de Cospeito detido onte, a pelota pasa agora ao tellado do PPdeG xa que Adolfo Gacio é o único destes altos cargos que continúa con responsabilidades políticas xa que, a pesares de demitir como rexedor, continúa como edil.
A este respecto, o presidente da Xunta e líder do PPdeG, asegurou que, como edil, Gacio non pon en perigo a gobernabilidade do seu concello. Con todo, outros cargos implicados en temas xudicias como os ex deputados Cobián, Escribano ou mesmo o ex alcalde Conde roa abanonaron toda a actividade política logo de pasar a ser imputados xudiciais. "a min o que me preocupa é a gobernabilidade de Ourense", zanxou Feijóo.

Nova dentención

O máis recente da Operación Pokemon é que xa hai 23 detidos. Un empresario acaba de ser arrestado pola Axencia Tributaria en Vigo. Non se coñece poloa agora nin a súa identidade nin os cargos que lle imputará a xuíza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario