Milleiros de persoas marcharon en Vigo, con punto de partida na Praza dos Cabalos, para rexeitar a intención de Bruxelas de obrigar a devolver ao naval as axudas do 'tax-lease'. 'Naval, solución' foi unha das palabras de orde da multitudinaria marcha. Mais non a única. Hóuboas contra a política da UE, mais tamén contra os gobernos estatal e galego.
A decisión de Bruxelas de se manter nas súas trece, non aceptar a alternativa da delegación que viaxou até a cidade, e insistir en que hai que devolver as axudas do 'tax-lease', xerou unha gran indignación na cidade. Pola mañá, paro de catro horas no naval e marchas de protesta que converxeron ante a sede delegación comunitaria. Alí, un traballador izou unha bandeira negra, de loito pola destrución do sector.
“Reaxir”
E pola tarde, unha maré humana tomou parte na manifestación. Por volta de 15.000 empregos en xogo, dependendunha decisión de Bruxelas. Na marcha, convocada polos sindicatos, representantes das diferentes organizacións políticas. O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, expresou “a indignación” polo resultado da xunta en Bruxelas e apelou á “insubmisión. É momento de plantarse e reaxir, Galiza non pode seguir soportando políticas que nos destrúen”.
Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/economia/milleiros-rexeitan-nas-ruas-de-vigo-a-intencion-da-ue/20130711203236017107.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario