miércoles, 3 de julio de 2013

A cotización do ouro impide que a mina de Corcoesto poida ser rendible

Para a Plataforma cidadá Salvemos Cabana, este feito impide que a mina de Corcoesto poida ser rendible nas actuais circunstancias, porque se no trimestre que conclúe a cotización media do ouro foi de 1.417 dólares por onza troy (aproximadamente 31 gramos), a día de hoxe cotiza en 1.243 dólares  (952 euros), e os expertos indican unha clara evolución á baixa do recurso aurífero nos próximos tempos.


A situación mundial, que fomentou unha situación de "burbulla", permitiu que o ouro fose visto como un activo financeiro refuxio ante o exceso de liquidez a nivel internacional e as políticas monetarias emprendidas polos bancos centrais e propiciou que nos últimos cinco anos a súa cotización aumentase de forma reiterada, facendo economicamente rendibles proxectos mineiros como o de Corcoesto, inda que a cambio duns graves efectos ambientais e sociais para a Bisbarra de Bergantiños.

Por outra parte, influíu de xeito decisivo a desaceleración do sector produtivo en China, cuio volume de demanda de materias primas diminuíu, e tamén ás expectativas da Reserva Federal Norteamericana, que reduciron o ritmo de compra de bonos e fixeron menos atractivo o investimento en ouro.

Noticia completa: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/14962.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario