Reclámanlle unha solución "urxente" á mesma persoa que as quere botar da casa: o alcalde da Coruña. Son as 14 familias de idade avanzada que habitan no barrio de Eirís-Galán desde hai anos os terreos onde está proxectada a construción do Parque Ofimático, máis unha pelotada urbanística na cidade herculina que desta volta beneficia os intereses do xefe da patronal galega, Antonio Fontenla.
O conflito empezou hai máis de vinte anos e segue sen se solucionar. As familias denuncian a inminente chegada do seu despexo "sen ningunha solución, para alén dos parches políticos ofertados polo responsábel de Urbanismo, Fernández Prado, e polo alcalde".
Foi o propio rexedor quen solicitou, conseguiu e ten agora pendente de execución o lanzamento forzoso dest@s veciñ@s sen lles ofrecer ningunha alternativa máis aló de tentativas de que os ánimos amainen e co único obxectivo de beneficiar as grandes construtoras, coma a de Antonio Fontenla.
Quedarán sen casa e deberán cartos ao Concello
Sermos Galiza xa se interesou pola situación destas familias en dúas amplas reportaxes. Falamos con Manuel quen, con máis de 80 anos, leva a metade morando na mesma vivenda da cal agora o queren botar.
Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/social/14-familias-seguen-pe-loita-concello-da-coruna-quere-botar-da-casa/20130719103742017347.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario