viernes, 1 de marzo de 2013

Unhas 30 mulleres perden diariamente o seu posto de traballo en Galicia


A taxa de paro feminino en Galicia, "que se duplicou no últimos cinco anos até alcanzar o 20%, sería xa do 25%" se as máis de "37.000 galegas" novas "non emigrasen" desde o comezo da crise económica en 2008. Iso é o que denunciou a CIG, logo da presentación do informe A muller non mercado laboral en Galiza elaborado pola central nacionalista con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora o próximo 8 de marzo.


Así, a CIG insiste unha vez máis en que a Xunta "non podería presumir de ter unha taxa de paro feminina máis baixa en Galicia que en España" de ter en conta eses datos que, segundo a central nacionalista "non lle interesa publicar" ao Goberno galego, tal e como criticou a responsable do Gabinete Técnico da CIG, Natividade López.

En canto ao informe, os datos aclaran que desde 2008 entre os homes a poboación activa reduciuse en 30.600 mentres que, neste momento, hai 25.900 mulleres máis en activo que hai cinco anos. Esta é unha tendencia que se mantén nos distintos grupos de idade, excepto entre a mocidade, na que tamén descende a poboación activa feminina. Malia isto, a CIG denunciou que unha  "parte importante" das novas mulleres activas "pasaron a engrosar directamente as listas de desempregadas", xa que durante este período "non se creou emprego". "Concretamente, 160.000 postos de traballo, dos cales 38.700 estaban ocupados por mulleres".

Noticia completa: http://praza.com/economia/3740/unhas-30-mulleres-perden-diariamente-o-seu-posto-de-traballo-en-galicia/

No hay comentarios:

Publicar un comentario