jueves, 21 de marzo de 2013

Unha sentenza en Pontevedra declara ilegais os sinais de tráfico en galego


Os sinais de tráfico en galego son ilegais. Así se tira dunha sentenza firme do Xulgado Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, que lle deu a razón a un veciño da cidade logo de que recorrese unha multa por aparcar nunha zona de carga e descarga que implicou tamén o traslado do seu vehículo nun guindastre e unha sanción de cen euros. O demandante alegou que a sinalización era "incorrecta" porque o panel vertical que prohibía o estacionamento e indicaba o horario de aparcadoiro estaba só en galego "e non en ambas as dúas linguas cooficiais", tal e como adiantou La Voz de Galicia.


A sentenza é de 2010, malia que se fixo pública agora, e é un dos tres únicos casos que se deron desde tipo na cidade pontevedresa, que conta con estes sinais desde o ano 1999. De feito, o demandante é coñecido na administración local polas continuas reclamacións en relación co idioma que envía ao Concello, tal e como aclaran fontes do consistorio.

O veciño alegou que o idioma do sinal impediulle "ter un coñecemento exacto das condicións en que estaba restrinxido o estacionamento na zona indicada" e engadiu que a lexislación de tráfico (o artigo 138) aclara que "as indicacións escritas que se inclúa ou acompañen aos paneis de sinalización das vías públicas e inscricións figurarán en idioma castelán e, ademais, na lingua oficial da comunidade autónoma".

As alegacións do Concello non serviron de nada, malia insistir en que o demandante leva anos vivindo en Galicia e que traballou nos xulgados da cidade, polo que "necesariamente ten que comprender a lingua galega". Segundo a administración local, o hipotético descoñecemento da prohibición do sinal que argumenta o veciño non sería tal. Incluso o consistorio achegou textos aparecidos no DOG que seríann expedidos polo demandante e que só estaban en galego.

Noticia completa: http://praza.com/movementos-sociais/3914/unha-sentenza-en-pontevedra-declara-ilegais-os-sinais-de-trafico-en-galego/

No hay comentarios:

Publicar un comentario