martes, 26 de marzo de 2013
Sindicatos e oposición exixen ao PP que defenda prezos xustos para o leite
Vender un produto a un prezo superior do que custa producilo semella lóxico. Porén, o sector lácteo galego sabe ben que isto non acontece as máis das veces. Entrementres @s produtor@s reciben arredor de 0,30€ por litro de leite crú, os custos da produción leiteira aumentan acotío como resultado do incremento dos pensos, carburantes e luz (entre outros).
Após desconvocaren as mobilizacións logo dun compromiso adquirido polo executivo galego, as organizacións agrarias con maior representación (SLG, UU.AA e ASAJA) acudiron máis unha vez ao Parlamento para se reunir, nesta ocasión, cos grupos parlamentares.
@s representantes sindicais exixiron ás formacións políticas con representación que defendan a incorporación do prezo do leite na Lei da cadea agroalimentaria que se está a tramitar no Congreso español. Neste senso, demandan que a nova norma fixe os custos de produción como barreira límite para a fixación dos prezos deste produto, habida conta de que o anteproxecto presentado polo executivo de Mariano Rajoy recolle unicamente as demandas do sector no preámbulo e non no articulado.
Noticia completa: http://www.sermosgaliza.com/artigo/economia/sindicatos-e-oposicion-exixen-ao-pp-que-defenda-prezos-xustos-para-o-leite/20130325150400012968.html
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario