Pero, este ano, esta declaración podería non producirse polas negativa de AGE e BNG a apoiar este texto xa que non se inclúe, expresamente, ao pobo palestino. Precisamente, o BNG tamén se negou a apoiar esta declaración no 2008 e 2009, cando estaba no bipartito, porque non se incluía unha mención expresa ao xenocidio palestino.
Nos últimos días a Presidencia da Cámara galega e os portavoces dos catro grupos parlamentarios recibiron cartas de ata catro institucións xudeas que loitan para lembrar os horrores do fascismo; o Museo dos Loitadores do Guetto de Varsovia "Guetto Fighters House", a Federaciónd e Comunicades Judias de España, o Yad Yashem-Museo do Holocausto de Xerusalem --a prinipal institución mundial de investigación do holocausto e premio Principe de Asturias-- e a Amical Mauthausen, unha asociación catalana que mantén a memoria de todos os republicanos españois mortos ou presos nos campos nazis, tanto a de Mauthausen como o de Buchenwald, onde estivo preso Jorge Semprún.
A data "non é impedimento"
O texto aprobado os tres últimos anos foi elaborado para o Parlamento de Galicia por Jaime Vandor, supervivinte do Holocausto en Budapest, para conmemorar o 27 de xaneiro, Día do Holocausto. O do 2012 foi aprobado o 22 de febreiro. "Non debe ser un impedimento a data. O importante é que o Parlamento de Galicia como xa fixo os tres anos anteriores recorde e conmemore o significado da data establecida por Nacións Unidas", sinala Pedro Gómez-Valadés, presidente da Asociación Galega de Amistade con Israel (Agai) que é a impulsora desta declaración.
Sen embargo, nin AGE, nin o BNG están dispostos a aprobar a mesma declaración que o pasado ano. Insisten na necesidade que se aluda, tamén, ao sufrimento do pobo palestino ou doutros pobos oprimidos. "Non debe ser un problema para ningún demócrata sumarse á conmemoración dunha data que recorda uns feitos que marcaron Europa e o mundo e nos que morreron, non o esquezamos, centos de galegas e galegos republicanos e galeguistas. E loxicamente entendo que todos e todas os nosos deputados, sexa cal sexa o seu partido, son demócratas", apunta Gómez-Valadés.
No hay comentarios:
Publicar un comentario